Resolución da subvención ao amparo da Orde de 12 de xullo de 2022 do procedemento TR352A SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS POLAS ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO 2022.
Ocupacións postos concedidos:
1 FISIOTERAPEUTA: 75% da xornada durante 1 ano.
1 ADMINISTRATIVO/A: 50% da xornada durante 1 ano.
Requisitos das persoas a contratar:
1. Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e que estean dispoñibles para o emprego.
2. Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, entre os anos 2018 e 2021, ámbolos dous inclusive.
3. Non ter sido contratadas pola entidade beneficiaria durante máis de tres meses, dentro dos últimos doce meses anteriores á data de contratación, ou non ter traballado para a entidade beneficiaria durante os dous meses anteriores á devandita data de contratación.
4. Tampouco poderán ser contratadas as persoas cónxuxes, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, das persoas que ocupen funcións directivas na entidade.
Ademáis, deberán cumprir, no seu caso, os requisitos formativos e de titulación establecidos polas entidades beneficiarias para cada ocupación que soliciten.
Envío de curriculums a: avempovigo@hotmail.com ata o 19 de xaneiro. No caso de atopar candidato/a, o proceso selectivo pecharase antes da data prevista.