O 14 DE XULLO, MÓLLATE POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE!

“Mójate por la Esclerosis Múltiple”, acuñada en Galicia como “Móllate”, é unha campaña solidaria que busca aumentar a sensibilización social e, á súa vez, recadar fondos para manter e mellorar os servizos de atención e rehabilitación que prestamos desde las organizacións de pacientes ás persoas afectadas por esta enfermidade e os seus familiares.

Dende que se iniciou a campaña en Cataluña hai 30 anos, milleiros de persoas tense mollado en praias e piscinas de toda España ao longo das diferentes edicións celebradas para amosar a súa solidaredade e apoio coas persoas afectadas de Esclerose Múltiple. 

Este ano en Vigo volvemos á praia de Samil para celebrar a sétima edición do ‘Móllate’. Esperámoste!

"MÓLLATE" CON AVEMPO

Dende a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) celebraremos por sétimo ano consecutivo e con máis forza que nunca a nosa versión galega da campaña, o “Móllate”.  Este verán a solidariedade volverá a asolagar a praia de Samil o vindeiro 14 de xullo con chapuzóns solidarios pola Esclerose Múltiple e actividades para toda a familia.


A pesar das dificultades que estamos a atravesar na asociación, non perdemos as ganas pero necesitamos da vosa colaboración para que a campaña sega viva,
MÓLLATE CON AVEMPO!

¡Esperámoste na praia de Samil! Achégate ata a carpa informativa do ‘Móllate’ ao longo do día para coñecer a campaña, colaborar coa causa e mollarte pola Esclerose Múltiple. E non te perdas as nosas actividades e chapuzóns solidarios!

PROGRAMA

10.00. CARPA MÓLLATE.
Toda a xornada. Colabora adquirindo o material solidario!
10.00. RULETA MÓLLATE
Xira da ruleta e leva premio! Actividade sen interrupción
12.00. METROS SOLIDARIOS
Actividade sen interrupción
12.15. XIMNASIA ACUÁTICA
Actividade para tódalas idades
13.00. CHAPUZÓN SOLIDARIO NA PRAIA
Busca o noso ‘Móllate’ xigante na praia e danos o teu apoio!
16.30. EN BUSCA DO ‘MÓLLATE’ PERDIDO 
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
17.00. FITNESS ACUÁTICO
Actividade para tódalas idades
18.00. CHAPUZÓN SOLIDARIO NA PISCINA 
Achégate ao noso ‘Móllate’ xigante e danos o teu apoio!
18.30. EN BUSCA DO ‘MÓLLATE’ PERDIDO 
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
20.00. FIN DO ‘MÓLLATE’ 

COMO MOLLARTE CON AVEMPO

Merchandising

Non quedes sen o material deseñado por Mikel Urmeneta. Enviámoscho ou podes collelo na nosa sede.

Facéndote teamer

Colabora con AVEMPO cunha aportación mensual de tan só un euro. Menos do que custa un café!

Facendo unha doazón

Mediante unha transferencia bancaria na seguiente conta de CAIXABANK: ES35 2100 5095 39 0200026946.

Bizum solidario

Selecciona a AVEMPO no listado ou marca o código 03140. Elixe a cantidade, preme enviar… E listo!

Facéndote socio/a

Dende só 20 euros ao ano. Cubre o formulario da nosa web e fáinolo chegar asinado polas dúas caras.

Os fondos recadados irán destinados ao mantemento dos servizos de atención e rehabilitación que prestamos dende AVEMPO ás personas afectadas pola Esclerose Múltiple.

MERCHANDISING SOLIDARIO

CAMISETA ADULTO
BRANCO ROTO
XS | S | M | L | XL | XXL
Donativo: 14€

CAMISETA ASAS
BRANCA
XS | S | M | L | XL
Donativo: 15€

CAMISETA INFANTIL
VERDE
4 | 8 | 12
Donativo: 13€

CALCETÍNS
37-40 / 41-45
Donativo: 7€

BOLSA MOCHILA
TALLA ÚNICA
Donativo: 12,50€

VASO TÉRMICO
MODELO ÚNICO
Donativo: 7€

Contacta con AVEMPO para facer o teu pedido a través dos nosos teléfonos 986 298 865 / 685 113 398 (Whatsapp) o en avempovigo@hotmail.com. Podes vir a recollelo á nosa sede (R/ Camilo Veiga, 44, bajo) ou enviámoscho a domicilio (+ gastos de envío).

POR QUE MOLLARTE

  • A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica, autoinmune e dexenerativa do  Sistema Nervioso Central que afecta ao cerebro e á médula espiñal. É unha das  enfermidades neurolóxicas máis comúns entre a poboación de 20 a 30 anos, con ao redor de 3.700 persoas afectadas en Galicia e 55.000 en España. 
  • Trátase da segunda causa de discapacidade neurolóxica en adultos novos. Presenta múltiples manifestacións e afecta a cada persoa de forma diferente.
  • Na actualidad descoñécese a causa e non existe todavía unha cura, pero sí varios tratamentos modificadores do curso da patoloxía.
  • Debido á caída de axudas públicas e a falta de fondos, faise máis imprescindible que nunca o apoio social para manter os servizos de AVEMPO.

RETO NACIONAL ¡MÓJATE!

Este ano tamén podes amosar o teu apoio á comunidade de persoas con Esclerose Múltiple de forma dixital compartindo en redes a túa foto ou vídeo realizando o teu baño solidario pola EM usando o hashtag #Mójate2024.
Se queres participar de forma divertida, na web do ‘Mójate’ podes xirar a “Ruleta Mójate” que che asignará un reto concreto e diferente para mollarte. Ademáis, tamén podes mollarte utilizando o filtro de Instagram para a campaña. Móllate e axúdanos a visibilizar a Esclerose Múltiple!

QUEN SOMOS

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), nada en 1996, é unha  entidade sen ánimo de lucro que ten por obxectivos axudar, informar e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Esclerose Múltiple e a súa contorna. 

Como socios e socias de AVEMPO, tódalas persoas afectadas da provincia contan cun espazo onde centrar a búsqueda de  solucións e compartir as súas preocupacións con outras persoas coa mesma enfermidade. 

Na sede da asociación, eixe da nosa labor, tódalas persoas socias que o precisan e desexan poden obter información e beneficiarse dos servizos que ofrece AVEMPO: fisioterapia, logopedia, psicoloxía, terapia ocupacional e traballo social.

CO APOIO DE

COLABORA

ASOCIACIÓN VIGUESA DE ESCLEROSIS MÚLTIPLE DE PONTEVEDRA
C/ Camilo Veiga, 44, bajo  C.P: 36208  
(Bouzas) Vigo, Pontevedra. España

986 29 88 65  / 685 11 33 98
avempovigo@hotmail.com
avempo.org