A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) ofrece, dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), o servizo de fisioterapia co fin de manter o mellor estado funcional posible das persoas con Esclerose Múltiple (EM).
A través do servicio de Fisioterapia, AVEMPO ofrece sesións individuais e grupais de Fisioterapia dirixidas a manter o mellor estado funcional posible das persoas con Esclerose Múltiple, tratando de atrasar o avance da discapacidade e maximizar a autonomía das persoas afectadas.
Parte dos custes dunha profesional para o servicio de Fisioterapia, do que se benefician un total de 38 persoas das cales 36 son usuarias directas e dous indirectas (familiares/coidadores), quedou cuberta durante os meses de xaneiro e febreiro gracias ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da Renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”; os cales son xestionados por FEGADEM (Federación Galega de Esclerose Múltiple) a través do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ .
Dende AVEMPO búscase cubrir de forma continua os servizos de atención e rehabilitación, xa que son fundamentais para o tratamento dunha enfermidade crónica como é a Esclerose Múltiple. Por este motivo, ofrece aos seus usuarios e usuarias a posibilidade de realizar o servizo de fisioterapia de forma presencial ou “on-line”.