A ‘X Solidaria’ permite a AVEMPO dar continuidade ao servizo de fisioterapia para máis de 30 persoas con Esclerose Múltiple

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO), membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), ofrecerá este ano o ‘Programa de rehabilitación fisioterapéutica para persoas con Esclerose Múltiple’ co fin de mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple (EM). A través do servicio fisioterapia, a entidade ofrece sesións individuais e grupais dirixidas a manter ou mellorar o mellor estado funcional posible en persoas afectadas de Esclerose Múltiple.

Para o servizo de fisioterapia, a entidade manterá contratada entre os meses de xuño e decembro a unha profesional grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da Renda, procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’. Deste programa beneficiaranse máis de 30 persoas.

Ademais, con esta axuda a través da súa liña de proxectos de inversión e renovación de centros de atención destinados a persoas con discapacidade poderá renovar o material de fisioterapia e realizar labores de mantemento no seu centro de rehabilitación, co fin de manter e mellorar a calidade dos servizos que a asociación ofrece aos seus usuarios e usuarias.