AVEMPO, a través do seu programa de rehabilitación fisioterapéutica, atendeu a máis de 30 persoas con Esclerose Múltiple en 2024 grazas á ‘X Solidaria’

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) ofreceu o pasado 2024 un servizo de rehabilitación fisioterapéutica dentro do ‘Programa de rehabilitación fisioterapéutica para persoas con Esclerose Múltiple’, do que se beneficiaron 31 usuarios directos e outros dous indirectos. Este servizo ten como obxectivo principal manter ou mellorar o mellor estado funcional posible en persoas afectadas de Esclerose Múltiple.

Este servizo conta do cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de subvencións destinadas a programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, grazas ás persoas que marcaron a casilla de actividades de interese social, coñecida como ‘X Solidaria’. Esta subvención foi xestionada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), no marco do seu ‘Programa de información, orientación e asesoramento para mellorar a calidade de vida das persoas con EM’.

Grazas a este financiamento, foi posible cubrir os gastos de contratación dunha fisioterapeuta, entre os meses de xuño a decembro, que ofrececeu sesións individuais e grupais de fisioterapia ás persoas con Esclerose Múltiple (EM) de Vigo e a súa contorna.

O ‘Programa de rehabilitación fisioterapéutica para persoas con Esclerose Múltiple’ pon o foco na importancia da fisioterapia como un dos tratamentos rehabilitadores para mellorar a calidade de vida das persoas con EM. Este programa reflicte o compromiso de AVEMPO e de FEGADEM con atender ás necesidades específicas das persoas con EM e das súas familias, ademais de salientar o impacto positivo da X Solidaria no desenvolvemento de programas sociais que promoven o benestar e a saúde.

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.