PROGRAMA XUVENTUR DE EDUCACIÓN NON FORMAL PARA A MOCIDADE EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS DE GALICIA SITUADOS NO MEDIO RURAL
Xuventur é un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, no que se desenvolven actividades de educación non formal para persoas de entre 18 e 30 anos en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana durante o mes de outubro, que sirvan tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
O programa, que é gratuito, inclúe o aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado), a mantenza completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo e o material e o desenvolvemento do programa de actividades. Non está incluído o desprazamento ata os aloxamentos tanto o día da incorporación como o día do remate da actividade.
PROGRAMAS:
1.- ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo na Mariña Lucense (Ribadeo, Lugo)
2.- XOGANDO A EMPRENDER: Achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento. Fragas do Eume ( Rías Altas, A Capela, A Coruña).
3.- “AUTOCOÑECEMENTO 360º”: Actividades de acercamento á Intelixencia Emocional en Valdoviño (Ferrolterra-Eume, A Coruña)
4.- ESTADÍAS CREATIVAS: Actividades de inmersión no medio rural e natural a través da creatividade en Seoane do Courel, Lugo
5.- ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo pola Costa da Morte (Carnota, A Coruña).
6.- CORPO E MENTE: Desenvolvemento de actividades de crecemento persoal e desfrute no medio rural na aldea de Covelo (Baixo Miño, Pontevedra)
7.- DESCOBRE O XURÉS: Desenvolvemento de actividades de inmersión e coñecemento do Parque Natural do Xurés. Limia (Lobios, Ourense)
8.- ESTADÍAS DE EMPRENDEMENTO NATURAL: Actividades de emprendemento no rural e novas tecnoloxías no contorno dos Ancares (Cervantes, Lugo)
O prazo de inscrición comezará o día 14 de setembro ás 9:00 horas.
Mais información e inscricións:
Entradas relaccionadas:
Bolsas e axudas ao estudo
Concesión de ayudas para la promoción de la autonomía personal de personas con discapacidad
PROGRAMA VIGO EN INGLÉS
Casi 30 personas con Esclerosis Múltiple recibieron este año terapia ocupacional en AVEMPO gracias a...
Axudas individuais de accesibilidade para o emprego 2018. Fund. ONCE