AVEMPO beneficiou a 35 persoas este 2025 a través dos seus programas xestionados por FEGADEM, grazas á ‘X Solidaria’

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), beneficiou este 2025 a 35 persoas grazas aos seus programas cofinanciados pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IPRF, procedentes das persoas que marcaron o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’
na declaración da renda.

AVEMPO, grazas a esta axuda, desenvolveu durante este 2025 o seu programa de rehabilitación fisioterapéutica en EM, que permitiu continuar coas sesións individuais e grupais de fisioterapia dirixidas a manter ou mellorar o mellor estado funcional posible das persoas con EM usuarias deste servizo.

Deste programa beneficiáronse 35 persoas de Vigo e arredores, e permitiu a contratación de 1 profesional. A asociación, dentro deste programa, levou a cabo actividades de rehabilitación, na que os novos materiais serviron para a execución de distintos obradoiros. Ademais, grazas a esta subvención, a asociación adquiriu unha padiola eléctrica e un dinamómetro
para a realización de programas de rehabilitación con persoas con EM, do que se beneficiaron 35 usuarios e usuarias.

QUE É A ESCLEROSE MÚLTIPLE
A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica, autoinmune e neurodexenerativa que afecta ao Sistema Nervioso Central. Están diagnosticadas máis de 60.000 persoas en España e a arredor de 4.500 en Galicia. Non ten cura, pero existen tratamentos farmacolóxicos e rehabilitadores que poden axudar a mellorar a calidade de vida. Os síntomas son moi variados, polo que recibe o nome da ‘enfermidade das mil caras’.

QUE É AVEMPO
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), que este 2026 cumpre o seu 30 aniversario, é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo axudar, informar e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e as súas familias. Na actualidade, atende a máis de 300 usuarios e usuarias con EM e conta con máis de 500 persoas asociadas.

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.