A ‘X Solidaria’ permite a AVEMPO dar continuidade ao servizo de fisioterapia para persoas con Esclerose Múltiple

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) ofrece, dentro do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), o servizo de fisioterapia co fin de manter o mellor estado funcional posible das persoas con Esclerose Múltiple (EM).

A través do servicio de Fisioterapia, AVEMPO ofrece sesións individuais e grupais de Fisioterapia  dirixidas a manter o mellor estado funcional posible das persoas con Esclerose Múltiple, tratando de atrasar o avance da discapacidade e maximizar a autonomía das persoas afectadas.

Parte dos custes dunha profesional para o servicio de Fisioterapia, do que se benefician un total de 38 persoas das cales 36 son usuarias directas e dous indirectas (familiares/coidadores), quedou cuberta durante os meses de xaneiro e febreiro gracias ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da Renda procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”; os cales son xestionados por FEGADEM (Federación Galega de Esclerose Múltiple) a través do ‘Programa de atención integral a persoas con EM’ .

Dende AVEMPO búscase cubrir de forma continua os servizos de atención e rehabilitación, xa que son fundamentais para o tratamento dunha enfermidade crónica como é a Esclerose Múltiple. Por este motivo, ofrece aos seus usuarios e usuarias a posibilidade de realizar o servizo de fisioterapia de forma presencial ou “on-line”.

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.