AVEMPO realizou obras de mantemento e actualizou o seu material de fisioterapia en 2024 grazas aos fondos procedentes do 0,7% do IRPF

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) realizou obras a través do programa de mantemento dos centros de rehabilitación para persoas con EM en 2024, no seu centro ubicado no barrio de Bouzas. Ademais, a través do seu “Programa de renovación de material de fisioterapia” puideron adquirir novo equipamento fisioterapéutico. Isto beneficiou a máis de 80 persoas que semanalmente fan uso das instalacións da Asociación.

Estes programas, enmarcados na Liña IV, contan co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas a programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, grazas ás persoas que marcaron a casilla de actividades de interese social, coñecida como ‘X Solidaria’. Esta subvención foi xestionada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), no marco do seu ‘Programa de información, orientación e asesoramento para mellorar a calidade de vida das persoas con EM’.

Grazas a este financiamento, foi posible o pintado completo das instalacións da sede de AVEMPO e a adquisición de novo material para o traballo cardiovascular (como unha bicicleta e unha cinta de camiñar), para o traballo de forza e resistencia (como mancuernas ou cintas elásticas) e para o traballo de equilibrio e velocidade de reacción (como un prato de equilibrio e luces de reacción).

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.