Mes: marzo 2018
Axudas de mobilidade complementarias ás da UE no marco do Erasmus+, para ensinanzas artísticas superiores
Taller demostración de Scooters
Demostración de Scooters en AVEMPO jueves 22 de marzo de 2018 a las 17:00h.
Aberto prazo solicitude Depotermal
O prazo de solicitude será do 20 de marzo ao 18 de abril de 2018, ambas as datas incluídas.
Este plan ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais, favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.
O plan termal da Deputación “Depotermal” 2018 pon en marcha dous programas:
- Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos.
- Programa termal con pernoita.
Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ao plan mediante un acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitindo unha certificación expedida pola Secretaría do concello. O prazo para que os concellos soliciten a adhesión será do 14 de febreiro ao 5 de marzo de 2018.
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
- Nacer antes do 1 de xaneiro de 1968, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou co número de identidade de estranxeiro (NIE), segundo o caso.
- No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá presentar unha fotocopia do certificado correspondente.
- No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
- Precisar un respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.
No caso de persoas que desexen participar no plan de forma conxunta é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.
As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio.
- Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria.
Máis info e solicitude:
Taller miedos infantiles en Clínica Entropía
PROGRAMA VIGO EN INGLÉS
O Concello de Vigo ofrece un programa de Inglés que vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.
ABERTO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES “VIGO EN INGLÉS 2018” DENDE O LUNS 12 DE MARZO ATA O VENRES 23 DE MARZO DE 2018.
Para máis información visita o seguinte enlace:
CAMPAÑA CAPTACIÓN DE SOCI@S 2018: EMCAMIÑA O NOSO IMPULSO
Bajo el lema: EMCAMIÑA O NOSO IMPULSO, empezamos nuestra Campaña de Captación de Soci@s 2018.
Nuestro objetivo será tener 140 nuevos soci@s antes del día 30 de Mayo, y así alcanzar los 500 asociad@s.
AVEMPO, es la única asociación de personas diagnosticadas de esta enfermedad que existe en la provincia de Pontevedra.
Alrededor de ochenta personas acuden todas las semanas a nuestros servicios de: atención social, psicología, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, yoga, pilates o pintura. Para poder darles continuidad necesitamos nuevas fuentes de financiación.
¿COMO PUEDO COLABORAR?
Cualquier persona puede hacerse socia desde 12€/AÑO
INICIO DE LA CAMPAÑA:
Este domingo, día 18 de Marzo a partir de las 09:30, gracias a los organizadores de la INTERRUNNING, lanzaremos nuestra Campaña con una mesa informativa y de cuestación en O Porriño en la Calle Domingo Bueno (al lado del puesto dorsales). MUCHAS GRACIAS.
HAZTE SOCI@ DE AVEMPO: EMCAMIÑA O NOSO IMPULSO.
Programa de Intercambio Xuvenil Internacional REAJ- 2018
A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) desenvolve por quinto ano consecutivo o Programa de Intercambios Xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, un programa para mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas que permitirá vivir unha experiencia única nun marco internacional.
Se estás interesada/o en participar preme na ligazón e infórmate dos requisitos esixidos: información e folla de inscrición
Animáte a vivir unha nova experiencia!!!
Charla-Debate Esclerosis Múltiple
Charla-Debate sobre la Esclerosis Múltiple el día martes 10 de abril de 2018 a las 18:00 en la Casa da Bola (Cangas). La entrada es libre y gratuita.