A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa “+Benestar” 2025

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en marcha o programa “+Benestar” 2025, unha iniciativa que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo en establecementos hostaleiros das Rías Baixas (balnearios, talasos ou spas) e, ao mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia que impulse a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

Consiste nunha estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de xantar) nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares, da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

O programa contará con 2.127 prazas. Poderán beneficiarse as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Estar empadroadas na provincia de Pontevedra
  • Ter 55 anos ou máis
  • No suposto de ter menos de 55 anos, deberá darse algunha das seguintes circunstancias:
        • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
        • Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
        • Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu Concello, un respiro familiar.
  • Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
  • Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.

Os prezos dos establecementos ofertados, unha vez descontada a subvención da Deputación, detállanse nesta ligazón.

O prazo de presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 6 de xuño de 2025.

PODES CONSULTAR AQUÍ TODA A INFORMACIÓN DO PROGRAMA

Visita las Islas Cíes con AVEMPO a través del programa ‘En Ruta Coa Depo’ 2022

La Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) organiza, a través del programa ‘En Ruta coa Depo’ de la Deputación de Pontevedra, una excursión a las islas Cíes el próximo 20 de septiembre, martes.

La actividad, que durará todo el día, tiene un coste de 13,50€ para las personas adultas y es de carácter gratuito para menores de hasta 12 años. El precio incluye los viajes en barco de ida y vuelta a las islas, una ruta guiada y la comida.

Las inscripciones para participar en la excursión deberán realizarse antes del viernes 2 de septiembre a través del correo avempovigo@hotmail.com o en los números de teléfono 986 298 865 / 685 113 398 (WhatsApp). Las plazas para participar son limitadas.

La reserva de las plazas se hará por rigurosos orden de inscripción, teniendo preferencia los socios y las socias de AVEMPO.