Oferta de emprego: fisioterapeuta

A través da “Convocatoria de subvencións para fomento de emprego de entidades sen ánimo de lucro 2025” do Concello de Vigo, dende AVEMPO demandamos o seguinte perfil laboral:

  • DIPLOMADO/GRADO EN FISIOTERAPIA – A tempo parcial (29 horas/semana)

Requisitos xerais:
– Empadroado/a en Vigo antes do 01/01/2024.
– Inscrito/a como demandante de emprego no SPEG.
– Posuír o perfil para o posto solicitado.

As persoas interesadas deberán enviar o seu currículo a avempovigo@hotmail.com antes do 31 de decembro de 2024.