Procedemento de selección dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro 2021

Resolución da subvención ao amparo da Orde de 3 de agosto de 2021 do procedemento TR352A SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS POLAS ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO 2021.

Ocupacións postos concedidos:

1 FISIOTERAPEUTA: 75% da xornada durante 1 ano.

1 TRABALLADOR/A SOCIAL: 50% da xornada durante 1 ano.

Requisitos das persoas a contratar:

1. Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como dispoñibles para o emprego.

2. Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de maio de 2018, do 9 de maio de 2019, do 12 de setembro de 2019 e do 31 de xullo de 2020.

3. Non ter traballado para a entidade beneficiaria durante máis de tres meses, dentro dos últimos doce meses anteriores á data de contratación que derive da orde, ou non ter traballado para a entidade beneficiaria durante os dous meses anteriores á devandita data de contratación.

Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social.

Envío de curriculums a: avempovigo@hotmail.com ata o 15 de decembro.

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.