Visita Salvaterra de Miño con AVEMPO gracias al programa ‘+Convivencia’ de la Deputación

La Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) organiza, a través del programa ‘+Convivencia’ de la Deputación de Pontevedra, una excursión a Salvaterra de Miño el próximo 19 de septiembre, viernes.

Las inscripciones para participar en la excursión deberán realizarse antes del viernes 29 de agosto a través del correo avempo@avempo.org o en los números de teléfono 986 298 865 / 685 113 398 (WhatsApp). Las plazas para participar son limitadas y tendrán prioridad las personas socias de AVEMPO.

La reserva de las plazas se hará por riguroso orden de inscripción. La inscripción es gratuita, pero las personas interesadas abonarán 15€ en concepto de fianza por la reserva de plaza, que serán devueltos siempre y cuando asistan a la cita.

La actividad se enmarca dentro del programa ‘+Convivencia’ de la Deputación de Pontevedra, que abona 900€ para sufragar los gastos de la jornada, que incluyen los traslados, las visitas guiadas, la comida  y una persona que guiará y acompañará a las personas participantes. 

ITINERARIO:

09.00hrs. Salida desde Vigo (Paradas en Plaza de España y en la sede de Avempo)

10.00h. Visita al conjunto histórico de Salvaterra de Miño.
Haremos una visita el conjunto histórico de Salvaterra comenzando por su amplia plaza, llamada Plaza de la Constitución, que marca el inicio de nuestro recorrido turístico por la villa. El municipio de Salvaterra de Miño rezuma historia a cada paso, pudiendo admirar aún el imperecedero esplendor del Castillo o las Murallas del siglo XVII y reconstruir en nuestra imaginación la vida de los caballeros y damas de la época.

12.00h. Visita al parque de La Canuda.
Parque que consta de 35.000 m2 y se considera el mejor de la comarca del Condado, desde donde se puede contemplar el río Miño y la belleza paisajística de la ribera portuguesa con la villa de Monçao.

14.30h. Comida en el restaurante ‘O Retiro’.
Las personas inscritas deberán seleccionar el menú que desean tras realizar la inscripción en la actividad.

16.30h. Visita al Centro de Interpretación del Vino de la Lamprea de Arbo.
Un espacio divulgativo y cultural, donde los visitantes con las últimas tecnologías recrean sus sentidos para conocer, de forma amena y accesible el vino del Condado de Tela y la Lamprea.

18.00h. Visita a las pesquerías del Miño.
Visitaremos las construcciones únicas situadas a ambos lados del río Miño en forma de paralelepípedos de piedra que penetran en el canal fluvial desde las dos riberas y cuya función es la de capturar distintas especies piscícolas, básicamente salmón, lamprea y zamborca.

19.00h. Vuelta a Vigo

 

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a convocatoria de Lecer en Familia 2025

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en marcha a segunda edición do programa “Lecer en familia” 2025, unha iniciativa que ten por finalidade reforzar os lazos familiares nun ambiente de convivencia que permita desconectar do estrés diario e gozar dun ocio de calidade en familia en establecementos hostaleiros das Rías Baixas (balnearios, talasos ou spas). Ao mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia que impulse a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

Este programa caracterízase por ofrecer unha estancia dunha noite en fins de semana (venres ou sábado), en períodos non lectivos ou vésperas de festivos, nun hotel da provincia de Pontevedra que, como mínimo, será de tres estrelas: establecementos hoteleiros tipo balneario, talaso ou spa, e hoteis de zonas urbanas ou rurais, con réxime de media pensión. A entrada nos establecementos será pola tarde e a saída, o día seguinte ao mediodía.

Poderán ser beneficiarias todas as persoas integrantes dunha unidade familiar con menores a cargo que teñan a súa residencia na provincia de Pontevedra. Ademais do anterior, as persoas da unidade familiar que desexen participar deberán acreditar o parentesco ata o primeiro grao por consanguinidade e/ou afinidade coa persoa solicitante e estar empadroadas no mesmo domicilio. Exceptúase o requisito de empadroamento no mesmo domicilio no caso de familias que acrediten unha situación de separación ou divorcio legal. Así mesmo, terán a consideración de fillas e fillos as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.

As persoas interesadas deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

  • Non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
  • Ser unha persoa autónoma para realizar as actividades elementais da vida diaria.
  • No caso de persoas con discapacidade con necesidade de asistencia dunha terceira persoa, será un membro da propia unidade familiar quen prestará os coidados que precise.

O prazo de presentación de solicitudes será do 2 ao 16 de maio de 2025 e as solicitudes poderán realizarse a través da sede de Deputación

O procedemento de concesión das prazas levarase a cabo de acordo a un sorteo puro (réxime xeral ou especial), entre aquelas solicitudes definitivamente admitidas que cumpran os requisitos establecidos e ata esgotar o crédito previsto para o programa en cada modalidade.

PODES CONSULTAR AQUÍ O LISTADO DE ESTABLECEMENTOS, PREZOS E ACTIVIDADES INCLUIDAS.

 

Excursión Islas de Ons. En Ruta coa Depo 2018

El próximo Sábado 15 de septiembre, realizaremos una excursión a las Islas de Ons y localidad marinera de Portonovo. Salida desde Vigo.

Precio: 12€. Incluye Guía, comida, desplazamientos y seguro.

¿Te animas? Inscripciones en AVEMPO hasta el 4 de septiembre.

Os iremos informando de los detalles.

II Premios Provinciais á Xuventude

O pasado 2 de marzo publicáronse as bases reguladoras da II Edición dos Premios Provinciais á Xuventude 2018, iniciativa que ten como finalidade poñer en valor e promover o talento e o potencial da xuventude na nosa provincia.

Esta convocatoria está dirixida á mocidade de entre 16 e 35 anos de idade, empadroada en calquera dos concellos da Provincia de Pontevedra, e conta con 7 modalidades:

  • Iniciativa social.
  • Iniciativa empresarial.
  • Blogs.
  • Educación en valores.
  • Traballo musical.
  • Traballo literario (prosa e poesía).
  • Fotografía orixinal.

Os premios están dotados cun total de 22.000,00 €, e o prazo para a presentación das solicitudes estará aberto dende o 6 de marzo ata o 6 de maio de 2018.

Así mesmo informámosvos que a categoría de Iniciativa Social está dirixida tanto para proxectos individuais que son xestionados de maneira autónoma por persoas físicas como para aqueles proxectos xestionados por entidades ou organizacións de iniciativa social que conten con outros proxectos en funcionamento.

Ante calquera consulta, non dubidedes en consultar a páxina web www.depo.gal ou en poñervos en contacto có Servizo de Cohesión social e Xuventude, a través do enderezo cohesionsocialexuventude@depo.es.

Descargar (PDF, 384KB)

Aberto prazo solicitude Depotermal

O prazo de solicitude será do 20 de marzo ao 18 de abril de 2018, ambas as datas incluídas.

Este plan ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais, favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.

O plan termal da Deputación “Depotermal” 2018 pon en marcha dous programas:

  • Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos.
  • Programa termal con pernoita.

Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ao plan mediante un acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitindo unha certificación expedida pola Secretaría do concello. O prazo para que os concellos soliciten a adhesión será do 14 de febreiro ao 5 de marzo de 2018.

Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  • Nacer antes do 1 de xaneiro de 1968, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou co número de identidade de estranxeiro (NIE), segundo o caso.
  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá presentar unha fotocopia do certificado correspondente.
  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
  • Precisar un respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.

No caso de persoas que desexen participar no plan de forma conxunta é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.

As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:

  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio.
  • Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria.

Máis info e solicitude:

https://www.depo.gal/depotermal