A Xunta ven de poñer en marcha de Saúde Móbil e Contacte, dous novos servizos dixitais para o acceso á sanidade pública.
Saúde Móbil, que xa está dispoñible para a súa descarga, engloba todas as aplicacións que xa ofrecía o Sergas: E-Saúde, Sigue, Urxencias Sanitarias de Galicia e Vacgal.
Esta nova aplicación funcionará como xanela única para os servizos dixitais da sanidade pública galega, permitirá coñecer as últimas novas relativas ao Sergas, ás redes sociais dos organismos que dependen da consellería e ofrecerá unha opción para recibir novas e avisos.
Entradas relaccionadas:
El Colegio Atlántida presenta su calendario solidario 2025 en beneficio de AVEMPO
Protocolo General para la reanudación de la actividad y la prevención del COVID -19
Procedemento de selección dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro 2024
"Hablemos sin Tabúes"
Gran Fiesta de Carnaval 2018