A Xunta ven de poñer en marcha de Saúde Móbil e Contacte, dous novos servizos dixitais para o acceso á sanidade pública.
Saúde Móbil, que xa está dispoñible para a súa descarga, engloba todas as aplicacións que xa ofrecía o Sergas: E-Saúde, Sigue, Urxencias Sanitarias de Galicia e Vacgal.
Esta nova aplicación funcionará como xanela única para os servizos dixitais da sanidade pública galega, permitirá coñecer as últimas novas relativas ao Sergas, ás redes sociais dos organismos que dependen da consellería e ofrecerá unha opción para recibir novas e avisos.
Entradas relaccionadas:
Vota por AVEMPO en la acción solidaria Gran Vía Suma
Bases Sorteo Solidario "Desayuno con Diamantes"
Consigue la Lotería de Navidad de AVEMPO 2023
La playa de Samil se inunda de solidaridad en el ‘Móllate’ por la Esclerosis Múltiple organizado por...
OFERTA DE EMPREGO: Convocatoria de Subvencións para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de l...