Procedemento de selección dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro 2024

Resolución da subvención ao amparo da Orde de 30 de xullo de 2024 do procedemento TR352A Subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.

Ocupacións postos concedidos:

1 EMPREGADOS/AS ADMINISTRATIVOS/AS CON TAREFAS DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO NON CLASIFICADOS BAIXO OUTROS EPÍGRAFES: 50% da xornada durante 1 ano.

Requisitos da persoa a contratar:

1. Estar desempregada e inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupada e que estea dispoñibles para o emprego.

2. Non ter sido contratada por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, referentes aos anos 2021 (procedemento TR352A), 2022 (procedemento TR352A) e 2023 (procedemento TR352A).

3. Non ter sido contratada pola entidade beneficiaria durante máis de tres meses, dentro dos últimos doce meses anteriores á data de contratación, ou non ter traballado para a entidade beneficiaria durante os dous meses anteriores á devandita data de contratación.

4. Tampouco poderán ser contratadas as persoas cónxuxes, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, das persoas que ocupen funcións directivas na entidade.

Ademáis, deberán cumprir, no seu caso, os requisitos formativos e de titulación establecidos polas entidade beneficiaria para cada ocupación que soliciten.

Envío de currículums a: avempovigo@hotmail.com ata o 15 de novembro. No caso de atopar candidato/a, o proceso selectivo pecharase antes da data prevista.  

Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.