A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) é unha das entidades membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM). Este 2026 ofrecerá o seu programa de rehabilitación fisioterapéutica e xestión para persoas afectadas de EM, co fin mellorar a calidade de vida de 45 persoas con esta enfermidade mediante a prestación dun servizo de fisioterapia que contribúa a manter ou mellorar a súa capacidade funcional, favorecer a súa autonomía nas actividades da vida diaria e garantir unha atención continuada e organizada dentro da entidade.

A través deste programa, AVEMPO prestará un servizo de fisioterapia especializada dirixido a persoas con EM, mediante sesións individuais e compartidas orientadas a manter ou mellorar a capacidade funcional, favorecer a autonomía e previr complicacións asociadas á enfermidade. O servizo complementarase con apoio administrativo que planificará as sesións, xestionará as citas e fará seguimento organizativo do programa, para garantir unha atención continuada e de calidade. Para isto, a asociación contará con dúas profesionais: unha fisioterapeuta e unha auxiliar administrativa.
Ademais, AVEMPO fará mantemento do seu centro de rehabilitación para persoas con EM, renovando a tarima da asociación que se atopa bastante deteriorada e dificulta a accesibilidade, beneficiando así ao conxunto da comunidade asociativa de AVEMPO (persoas usuarias, familiares, novas persoas usuarias e equipo profesional).

Estes programas poderán levarse a cabo grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), procedentes das persoas que marcan a o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’ na declaración da renda. Destes programas beneficiaranse as persoas con EM e as súas persoas próximas asociadas da área de Vigo e a súa contorna.
ESCLEROSE MÚLTIPLE
A Esclerose Múltiple afecta en España a preto de 60.000 persoas, constituíndose como unha das enfermidades máis comúns do Sistema Nervioso Central (SNC). Galicia é unha das áreas peninsulares coa prevalencia máis alta, existindo na actualidade unhas 4.500 persoas diagnosticadas. É unha enfermidade crónica, autoinmune, desmielinizante, neurodexenerativa e progresiva do SNC. Os síntomas temperáns máis habituais son a fatiga, problemas de visión, formigueos, entumecementos, vertixes e mareos, debilidade muscular, espasmos e problemas de equilibro
e coordinación. Moitas manifestacións da enfermidade son invisibles, pero afectan ao día a día de quen convive con ela, como os trastornos motores, cognitivos e da agudeza visual, acompañados doutras alteracións coma a ansiedade ou a depresión. Na web da Federación recóllese información máis detallada sobre esta enfermidade, novidades, tratamentos, síntomas e outros conceptos relacionados.
QUE É AVEMPO
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con EM e doutras enfermidades neurodexenerativas, así como das súas familias. A asociación ofrece atención sociosanitaria especializada a través de diferentes servizos de rehabilitación e apoio, como fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, psicoloxía e traballo social. Ademais da intervención terapéutica, AVEMPO desenvolve actividades de información, orientación e acompañamento co obxectivo de promover a autonomía persoal, a inclusión social e o benestar das persoas afectadas, contribuíndo tamén á sensibilización social sobre a Esclerose Múltiple.

Impacto real cognitivo En este sentido, hay que recordar que una correcta evaluación neuropsicológica determinará el impacto real de esos déficits y al tenerlos cuantificados se puede monitorizar mucho mejor la evolución del usuario.
Todas las actividades programadas estuvieron adaptadas a las necesidades de los asistentes. Durante la primera jornada, ayer, jueves, 12 de febrero, se pudo hacer uso tanto de la piscina climatizada como del spa, mientras que hoy, viernes, 13 de febrero, el plato fuerte fueron las pistas de nieve con trineos y la asistencia de monitores.
La escapada a Manzaneda sirvió para pasar dos jornadas en familia y comunidad en las que las risas y el disfrute fueron el denominador común.