Programa XuvenTur de actividades gratuitas en aloxamentos rurais de Galicia

PROGRAMA XUVENTUR DE EDUCACIÓN NON FORMAL PARA A MOCIDADE EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS DE GALICIA SITUADOS NO MEDIO RURAL

 
Xuventur é un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, no que se desenvolven actividades de educación non formal para persoas de entre 18 e 30 anos en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana durante o mes de outubro, que sirvan tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
 
O programa, que é gratuito, inclúe o aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado), a mantenza completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo e o material e o desenvolvemento do programa de actividades. Non está incluído o desprazamento ata os aloxamentos tanto o día da incorporación como o día do remate da actividade.
 
PROGRAMAS:
1.- ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo na Mariña Lucense (Ribadeo, Lugo)
2.- XOGANDO A EMPRENDER: Achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento. Fragas do Eume ( Rías Altas, A Capela, A Coruña).
3.- “AUTOCOÑECEMENTO 360º”: Actividades de acercamento á Intelixencia Emocional en Valdoviño (Ferrolterra-Eume, A Coruña)
4.- ESTADÍAS CREATIVAS: Actividades de inmersión no medio rural e  natural a través da creatividade en Seoane do Courel, Lugo
5.- ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo pola Costa da Morte (Carnota, A Coruña).
6.- CORPO E MENTE: Desenvolvemento de actividades de crecemento persoal e desfrute no medio rural na aldea de Covelo (Baixo Miño,  Pontevedra)
7.- DESCOBRE O XURÉS: Desenvolvemento de actividades de inmersión e coñecemento do Parque Natural do Xurés. Limia (Lobios, Ourense)
8.- ESTADÍAS DE EMPRENDEMENTO NATURAL: Actividades de emprendemento no rural e novas tecnoloxías no contorno dos Ancares (Cervantes, Lugo)
 
O prazo de inscrición comezará o día  14 de setembro ás 9:00 horas.
 
Mais información e inscricións:
 
Compartir

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.