O 9 DE XULLO, MÓLLATE POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE!

“Mójate por la Esclerosis Múltiple”, acuñada en Galicia como “Móllate”, é unha campaña solidaria que busca aumentar a sensibilización social e, á súa vez, recadar fondos para manter e mellorar os servizos de atención e rehabilitación que prestamos desde las organizacións de pacientes ás persoas afectadas por esta enfermidade e os seus familiares.

Dende que se iniciou a campaña en Cataluña hai 30 anos, milleiros de persoas tense mollado en praias e piscinas de toda España ao longo das diferentes edicións celebradas para amosar a súa solidaredade e apoio coas persoas afectadas de Esclerose Múltiple. 

Este ano en Vigo volvemos á praia de Samil para celebrar a sexta edición do ‘Móllate’. Esperámoste!

"MÓLLATE" CON AVEMPO

Dende a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) celebraremos por sexto ano consecutivo e con máis forza que nunca a nosa versión galega da campaña, o “Móllate”.  Este verán a solidariedade volverá a asolagar a praia de Samil o vindeiro 9 de xullo con chapuzóns solidarios pola Esclerose Múltiple e actividades para toda a familia.


A pesar das dificultades que estamos a atravesar na asociación, non perdemos as ganas pero necesitamos da vosa colaboración para que a campaña sega viva,
MÓLLASTE CON AVEMPO?

¡Esperámoste na praia de Samil! Achégate ata a carpa informativa do ‘Móllate’ ao longo do día para coñecer a campaña, colaborar coa causa e mollarte pola Esclerose Múltiple. E non te pierdas as nosas actividades e chapuzóns solidarios!

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

09:00 CARPA ‘MÓLLATE’
Toda a xornada. Colabora adquirindo o material solidario!
10:00 RULETA ‘MÓLLATE’
Xira da ruleta solidaria e leva premio!. Actividade sen interrupción ata as 20:00 horas
11:00 METROS SOLIDARIOS
Actividade sen interrupción ata as 20:00 horas.
12:00 EN BUSCA DO ‘MÓLLATE’ PERDIDO
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
12:15 XIMNASIA ACUÁTICA
Actividade para tódalas idades
13:00 CHAPUZÓN SOLIDARIO NA PRAIA
Móllate pola Esclerose Múltiple!
Busca o noso ‘Móllate’ xigante no areal e danos o teu apoio!
16:00 EN BUSCA DO ‘MÓLLATE PERDIDO
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
16:30 FITNES ACUÁTICO
Actividade para tódalas idades
17:30 EN BUSCA DO ‘MÓLLATE’ PERDIDO
Consegue formar o ‘Móllate’ no noso mar de bolas e leva premio!
18:00 CHAPUZÓN SOLIDARIO NA PISCINA
Móllate pola Esclerose Múltiple!
VERBENA MOLLADA
Actividade para tódalas idades
21:00 FIN DO MÓLLATE

COMO MOLLARTE CON AVEMPO

Adquirindo merchandising

Non te quedes sen o material deseñado por Mikel Urmeneta (Katuki Saguyaki). Enviámoscho a casa, podes recollelo na nosa sede, ou adquirilo en Samil o 9 de xullo.

Bizum solidario

Busca a opción Bizum na túa app bancaria e selecciona a AVEMPO no listado de ONG, ou ben introduce o código 03140. Selecciona a cantidade, preme enviar… E listo!

Facendo unha doazón

A través da nosa páxina de Facebook ou mediante unha transferencia bancaria na seguiente conta de CAIXABANK: ES35 2100 5095 39 0200026946.

Facéndote socio/a

Dende só 20 euros ao ano. Para iso debes cubrir o formulario que encontrarás na nosa web e facérnoslo chegar asinado polas dúas caras.

Os fondos recadados irán destinados ao mantemento dos servizos de atención e rehabilitación que prestamos dende AVEMPO ás personas afectadas pola Esclerose Múltiple.

MERCHANDISING SOLIDARIO

CAMISETA ADULTO
NEGRA
XS | M | L | XL | XXL
Donativo: 13€

CAMISETA ADULTO
VERMELLA
S | M | L | XL
Donativo: 13€

CAMISETA INFANTIL
AQUA
4 | 8 | 12
Donativo: 12€

CAMISETA TIRANTES
CORAL
2 | 3
Donativo: 14€

BOLSA DE TEA
Donativo: 8,50€

Contacta con AVEMPO para facer o teu pedido a través dos nosos teléfonos 986 298 865 / 685 113 398 (Whatsapp) o en avempovigo@hotmail.com. Podes vir a recollelo á nosa sede (R/ Camilo Veiga, 44, bajo) ou enviámoscho a domicilio (+ gastos de envío).

POR QUE MOLLARTE

  • A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica, autoinmune e dexenerativa do  Sistema Nervioso Central que afecta ao cerebro e á médula espiñal. É unha das  enfermidades neurolóxicas máis comúns entre a poboación de 20 a 30 anos, con ao redor de 3.700 persoas afectadas en Galicia e 55.000 en España. 
  • Trátase da segunda causa de discapacidade neurolóxica en adultos novos. Presenta múltiples manifestacións e afecta a cada persoa de forma diferente.
  • Na actualidad descoñécese a causa e non existe todavía unha cura, pero sí varios tratamentos modificadores do curso da patoloxía.
  • Debido á caída de axudas públicas e a falta de fondos, faise máis imprescindible que nunca o apoio social para manter os servizos de AVEMPO.

RETO NACIONAL ¡MÓJATE!

Este ano tamén podes amosar o teu apoio á comunidade de persoas con Esclerose Múltiple de forma dixital compartindo en redes a túa foto ou vídeo realizando o teu baño solidario pola EM usando o hashtag #Mójate2023.
Se queres participar de forma divertida, na web do ‘Mójate’ podes xirar a “Ruleta Mójate” que che asignará un reto concreto e diferente para mollarte. Ademáis, tamén podes mollarte utilizando o filtro de Instagram para a campaña. Móllate e axúdanos a visibilizar a Esclerose Múltiple!

QUEN SOMOS

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), nada en 1996, é unha  entidade sen ánimo de lucro que ten por obxectivos axudar, informar e mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Esclerose Múltiple e a súa contorna. 

Como socios e socias de AVEMPO, tódalas persoas afectadas da provincia contan cun espazo onde centrar a búsqueda de  solucións e compartir as súas preocupacións con outras persoas coa mesma enfermidade. 

Na sede da asociación, eixe da nosa labor, tódalas persoas socias que o precisan e desexan poden obter información e beneficiarse dos servizos que ofrece AVEMPO: fisioterapia, logopedia, psicoloxía, terapia ocupacional e traballo social.

PATROCINA

COLABORAN

ASOCIACIÓN VIGUESA DE ESCLEROSIS MÚLTIPLE DE PONTEVEDRA
C/ Camilo Veiga, 44, bajo  C.P: 36208  
(Bouzas) Vigo, Pontevedra. España

986 29 88 65  / 685 11 33 98
avempovigo@hotmail.com
avempo.org