Noticias
Reforzo do servizo da Atención Social, grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra concedeu á Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) unha axuda económica por un importe total de 5.391,82 euros para manter e reforzar o seu servizo de apoio social.
Esta subvención, outorgada pola institución provincial a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de iniciativas sociais na provincia de Pontevedra durante o ano 2026, destínase concretamente a apoiar o proxecto de AVEMPO titulado: «Atención especializada a persoas con esclerose múltiple e á súa rede de apoio».
O servizo de apoio social constitúe a porta de entrada á entidade, actuando como punto de contacto principal para as persoas que recorren á Asociación. Este departamento coordínase coas outras áreas especializadas de AVEMPO —como psicoloxía, fisioterapia, logopedia e neuropsicoloxía—, garantindo así un enfoque interdisciplinar e integral da atención.