Noticias
A ‘X Solidaria’ garantiza os seus servizos para persoas con esclerose múltiple
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) é unha das entidades membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM). Este 2026 ofrecerá o seu programa de rehabilitación fisioterapéutica e xestión para persoas afectadas de EM, co fin mellorar a calidade de vida de 45 persoas con esta enfermidade mediante a prestación dun servizo de fisioterapia que contribúa a manter ou mellorar a súa capacidade funcional, favorecer a súa autonomía nas actividades da vida diaria e garantir unha atención continuada e organizada dentro da entidade.

Suelo pendiente de remodelar A través deste programa, AVEMPO prestará un servizo de fisioterapia especializada dirixido a persoas con EM, mediante sesións individuais e compartidas orientadas a manter ou mellorar a capacidade funcional, favorecer a autonomía e previr complicacións asociadas á enfermidade. O servizo complementarase con apoio administrativo que planificará as sesións, xestionará as citas e fará seguimento organizativo do programa, para garantir unha atención continuada e de calidade. Para isto, a asociación contará con dúas profesionais: unha fisioterapeuta e unha auxiliar administrativa.
Ademais, AVEMPO fará mantemento do seu centro de rehabilitación para persoas con EM, renovando a tarima da asociación que se atopa bastante deteriorada e dificulta a accesibilidade, beneficiando así ao conxunto da comunidade asociativa de AVEMPO (persoas usuarias, familiares, novas persoas usuarias e equipo profesional).

Persoal de Administración Estes programas poderán levarse a cabo grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), procedentes das persoas que marcan a o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’ na declaración da renda. Destes programas beneficiaranse as persoas con EM e as súas persoas próximas asociadas da área de Vigo e a súa contorna. Esclerose múltiple A Esclerose Múltiple afecta en España a preto de 60.000 persoas, constituíndose como unha das enfermidades máis comúns do Sistema Nervioso Central (SNC). Galicia é unha das áreas peninsulares coa prevalencia máis alta, existindo na actualidade unhas 4.500 persoas diagnosticadas. É unha enfermidade crónica, autoinmune, desmielinizante, neurodexenerativa e progresiva do SNC. Os síntomas temperáns máis habituais son a fatiga, problemas de visión, formigueos, entumecementos, vertixes e mareos, debilidade muscular, espasmos e problemas de equilibro e coordinación. Moitas manifestacións da enfermidade son invisibles, pero afectan ao día a día de quen convive con ela, como os trastornos motores, cognitivos e da agudeza visual, acompañados doutras alteracións coma a ansiedade ou a depresión. Na web da Federación recóllese información máis detallada sobre esta enfermidade, novidades, tratamentos, síntomas e outros conceptos relacionados.