Noticias
35 persoas beneficiarónse, grazas á ‘X Solidaria’ da FEGADEM
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), membro da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), beneficiou este 2025 a 35 persoas grazas aos seus programas cofinanciados pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IPRF, procedentes das persoas que marcaron o cadro de ‘Actividades de interese xeral consideradas de interese social’ na declaración da renda.
AVEMPO, grazas a esta axuda, desenvolveu durante este 2025 o seu programa de rehabilitación fisioterapéutica en EM, que permitiu continuar coas sesións individuais e grupais de fisioterapia dirixidas a manter ou mellorar o mellor estado funcional posible das persoas con EM usuarias deste servizo.
Deste programa beneficiáronse 35 persoas de Vigo e arredores, e permitiu a contratación de 1 profesional. A asociación, dentro deste programa, levou a cabo actividades de rehabilitación, na que os novos materiais serviron para a execución de distintos obradoiros. Ademais, grazas a esta subvención, a asociación adquiriu unha padiola eléctrica e un dinamómetro
para a realización de programas de rehabilitación con persoas con EM, do que se beneficiaron 35 usuarios e usuarias.