PROGRAMA VIGO EN INGLÉS

O Concello de Vigo ofrece un programa de Inglés que vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.

ABERTO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES “VIGO EN INGLÉS 2018” DENDE O LUNS 12 DE MARZO ATA O VENRES 23 DE MARZO DE 2018.

Para máis información visita o seguinte enlace:

http://www.vigoeningles.org/

Programa de Intercambio Xuvenil Internacional REAJ- 2018

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) desenvolve por quinto ano consecutivo o Programa de Intercambios Xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, un programa para mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas que permitirá vivir unha experiencia única nun marco internacional.

Se estás interesada/o en participar preme na ligazón e infórmate dos requisitos esixidos: información e folla de inscrición

Animáte a vivir unha nova experiencia!!!