Programa XuvenTur de actividades gratuitas en aloxamentos rurais de Galicia

PROGRAMA XUVENTUR DE EDUCACIÓN NON FORMAL PARA A MOCIDADE EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS DE GALICIA SITUADOS NO MEDIO RURAL

 
Xuventur é un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, no que se desenvolven actividades de educación non formal para persoas de entre 18 e 30 anos en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana durante o mes de outubro, que sirvan tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
 
O programa, que é gratuito, inclúe o aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado), a mantenza completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo e o material e o desenvolvemento do programa de actividades. Non está incluído o desprazamento ata os aloxamentos tanto o día da incorporación como o día do remate da actividade.
 
PROGRAMAS:
1.- ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo na Mariña Lucense (Ribadeo, Lugo)
2.- XOGANDO A EMPRENDER: Achegamento ás bases do modelo Lean Startup para o emprendemento. Fragas do Eume ( Rías Altas, A Capela, A Coruña).
3.- “AUTOCOÑECEMENTO 360º”: Actividades de acercamento á Intelixencia Emocional en Valdoviño (Ferrolterra-Eume, A Coruña)
4.- ESTADÍAS CREATIVAS: Actividades de inmersión no medio rural e  natural a través da creatividade en Seoane do Courel, Lugo
5.- ECOTURISMO: Desenvolvemento de actividades de ecoturismo pola Costa da Morte (Carnota, A Coruña).
6.- CORPO E MENTE: Desenvolvemento de actividades de crecemento persoal e desfrute no medio rural na aldea de Covelo (Baixo Miño,  Pontevedra)
7.- DESCOBRE O XURÉS: Desenvolvemento de actividades de inmersión e coñecemento do Parque Natural do Xurés. Limia (Lobios, Ourense)
8.- ESTADÍAS DE EMPRENDEMENTO NATURAL: Actividades de emprendemento no rural e novas tecnoloxías no contorno dos Ancares (Cervantes, Lugo)
 
O prazo de inscrición comezará o día  14 de setembro ás 9:00 horas.
 
Mais información e inscricións:
 

Nota informativa sobre el plazo de valoración de dependencia para ELA

Las solicitudes de reconocimiento de la situación de dependencia (iniciales y de revisión) en los casos de personas con diagnóstico de Esclerosis Lateral Amiotrófica, se tramitará en el plazo máximo de un mes desde la entrada en la Jefatura Territorial correspondiente.

Descargar (PDF, 28KB)

Galeuropa 2018

La Asociación Terra de Compostela, fueron beneficiarios del  Programa Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2018 y disponen de dos plazas reservadas a jóvenes con discapacidad igual o superior a 33%.

Más información:

http://www.terrasdecompostela.org/site/?q=node/16545

Asociación Terras de Compostela. 

info@terrasdecompostela.org. Teléfono: 617129702

Descargar (PDF, 745KB)

Descargar (PDF, 618KB)

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnado de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria curso 2018/2019
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.

A finalidade última das subvencións é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo.

Máis info:

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=3038&lang=ga